DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0067/2023-PRE.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0067/2023-PRE.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

Celeiro, 13 de setembro de 2024

María Carmen Gueimunde González
Directora territorial de Celeiro

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0067/2023-PRE

32785632Y

Resolución

2 Bis Rue de Belfort, París