DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52519

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 4 de decembro de 2023 (DOG núm. 232, do 7 de decembro; corrección de erros no DOG núm. 237, do 15 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), despois de revisar a alegación presentada contra a Resolución do 13 de xuño de 2024 pola que se lles deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio da fase de oposición,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a alegación presentada na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

Oliva Amorín López
Presidenta do tribunal