A aprobación desta modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo (subgrupo C1) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia xustifícase en desenvolvemento dos procesos de funcionarización, co obxecto de facer efectivo o dereito das persoas que superaron os correspondentes procesos ao cambio de vínculo xurídico e toma de posesión como funcionario de carreira.
Coa finalidade de facer efectivo o dereito, en condicións de igualdade, á toma de posesión como persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia das persoas recollidas na Orde do 8 de agosto de 2024 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 e do 12 de maio de 2021 (DOG núm. 164, do 27 de agosto), e tendo en conta o recollido no artigo 39.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre que esta modificación teña efectos do 22.8.2024.
En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de setembro de 2024, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo (subgrupo C1) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Esta modificación terá efectos do 22.8.2024.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de setembro de 2024, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo (subgrupo C1) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
