Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BEG706-apoio 75-B-7, no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2020/43-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 17 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/43-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA BEG706-apoio 75-B-7.
Concello: Oza-Cesuras.
|
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Depósito nº |
Importe |
|
1 |
Leboreira |
9 |
602 |
Descoñecido |
2024/15/1009 |
11,63 € |
