DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2020/92-1, no concello de Arteixo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT LAR707 apoio 118, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2020/92-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 17 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/92-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT LAR707 apoio 118.

Concello: Arteixo.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Depósito nº

Importe

1

Terreo da Braña

50

30

Descoñecido

2024/15/1010

11,67 €