Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Vilar-San Mateo, no concello de Narón (expediente IN407A 2019/108-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 17 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/108-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Vilar-San Mateo.
Concello: Narón.
|
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Depósito nº |
Importe |
|
4 |
Pillueiro |
518 |
5041 |
Herdeiros de Constantino Gómez Grandal |
2024/15/1005 |
221,16 € |
|
27 |
Pena Longa |
7 |
130 |
Descoñecido |
2024/15/1008 |
451,00 € |
