Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación telecontrol MEI809 (apoio 54-2), no concello de Ordes (expediente IN407A 2020/200-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 17 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/200-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación telecontrol MEI809 (apoio 54-2).
Concello: Ordes.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Depósito nº |
Importe |
|
1 |
As Mullerias |
15060A512013650000LM |
Descoñecido |
2024/15/1002 |
109,96 € |
