DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52458

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de maio a agosto de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego,
Comercio e Emigración nos meses de maio, xuño, xullo
e agosto do ano 2024

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Santa María La Real para a implantación en Galicia do Programa Hubs de activación da empregabilidade, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU.

Desenvolvemento no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do Programa Hubs de Activación da Empregabilidade, programa titularidade da Fundación Santa María la Real, para conseguir a activación persoal e profesional de persoas desempregadas vulnerables e con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, así como o impulso da súa empregabilidade.

29.5.2024

49.603,40

2ª Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresarial no marco do proxecto Empregal.

Modificación da cláusula quinta e sétima, polas que se modifica o importe global correspondente ás anualidades 2023 e 2024, así como o importe máximo que lle corresponde a cada entidade e amplíase a porcentaxe de gastos de persoal ata un máximo do 40 % do orzamento imputado.

31.5.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (Cixug) para o fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia.

Colaboración das tres universidades galegas no proceso de cualificacións das iniciativas empresariais de base tecnolóxica (IEBTs) en Galicia, a través do Comité de IEBTs, impulsando o fomento da cultura emprendedora e o espírito empresarial innovador entre a poboación universitaria, e prestando o apoio e o asesoramento técnico ás persoas promotoras na realización do Plan de empresa e no Plan económico-financeiro, así como na posta en marcha dos proxectos e na tramitación dos expedientes de solicitude de cualificación de IEBT.

4.6.2024

75.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a formación en materia de igualdade a través do Campus en Liña da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

O obxecto deste acordo é regular as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para a planificación e impartición de formación en materia de igualdade e prevención do acoso dirixidas ás persoas traballadoras da CRTVG.

7.6.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento do Programa mentoring traballo autónomo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Nextgeneration-EU.

Desenvolvemento de actuacións dirixidas a reducir os riscos das persoas traballadoras autónomas na súa actividade profesional e acompañalos a través de mentores e mentoras, na consolidación dos seus negocios. Búscase desenvolver as competencias das persoas emprendedoras, orientando a adaptación, a transformación, a consolidación ou o crecemento dos seus negocios, mediante un enfoque estratéxico e transversal baseado no diferencial de experiencia entre persoas mentoras e persoas emprendedoras.

12.6.2024

250.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as asociacións de persoas traballadoras autónomas de Galicia presentes na Mesa do Traballo Autónomo de Galicia, para apoio no Programa de remuda xeracional de negocios.

Desenvolvemento de actividades de apoio no Programa de remuda xeracional de negocios, posto en marcha en 2024, co fin de facilitar a dita remuda xeracional, proporcionando asesoramento e emitindo informe de valoración Plan de negocio das persoas que o soliciten, de cara á presentación de solicitudes do Programa de axudas para a remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D), así como para incluír na Bolsa de remuda de negocios da Xunta de Galicia todos aqueles negocios dos que teñan coñecemento e se atopan próximos ao peche por falta de remuda xeracional.

17.7.2024

45.000,00

Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o aloxamento, a licencia e soporte de diversos sistemas de información da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Amtega para a sustentabilidade, a evolución e o soporte de diversos sistemas de información que dan servizo a diversas unidades dependentes de Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

6.8.2024

4.312.043,20

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2024.

Articular a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a EGAP para o desenvolvemento conxunto do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia para o ano 2024.

4.7.2024

18.540,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2024.

A) Promocionar a investigación en economía social.

B) Actividades de formación, difusión e divulgación da economía social.

C) Promoción do coñecemento xurídico e divulgación normativa neste ámbito.

31.5.2024

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Foro pola Economía Social Galega para a Visibilización e Fomento da Economía Social Galega durante o ano 2024.

A) Reforzo da presenza da economía social de Galicia nos foros europeos e estatais.

B) Promover encontros, xornadas, grupos de traballo ou outros mecanismos que se consideren adecuados para mellorar o coñecemento do sector.

C) Participación activa no desenvolvemento de oportunidades para a economía social, tanto a través da realización de informes de oportunidade como a través de conformación de grupos de traballo.

4.7.2024

60.000,00

Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para a creación do Portal Estatístico da Economía Social Galega (Galestat) a través do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2024.

A creación e a posta en marcha do Portal Estatístico da Economía Social Galega.

4.6.2024

10.000,00

Addenda ao Convenio de Colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Sarria.

Addenda para reaxustar as partidas orzamentarias, sen modificación do obxecto do convenio nin do importe final.

27.6.204

120.000,00

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Roberto Rivas, para o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas. Plurianual.

Addenda para ampliar o financiamento do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas.

26.8.2024

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster de Ecommerce galego, para a realización do Programa de formación en ecommerce, dirixido a persoas emprendedoras, integrado no Programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE (COEGAL24d13).

Establecemento das condicións polas que se rexe a concesión dunha axuda da consellería ao Clúster do Ecommerce Galego para a creación dun programa de formación en ferramentas de ecommerce para os/as novos/as emprendedores/as.

19.7.2024

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster da Comunicación de Galicia, para a prestación de servizos de márketing e comunicación á comunidade emprendedora asociada á Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, integrados no Programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE (COEGAL24d13).

Establecemento das condicións polas que se rexe a concesión dunha axuda da consellería ao Clúster da Comunicación de Galicia para a realización de actividades de promoción e difusión da cultura do márketing e a comunicación entre as persoas emprendedoras, para impulsar a creación de novas iniciativas máis competitivas e a xeración de emprego, impulsadas a través destas ferramentas de competitividade.

26.7.2024

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Sende, para levar a cabo o Proxecto Ficar, emprendemento e coliving para asentar poboación no rural, actividade integrada no Programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma Galicia (COEGAL24d15), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU.

Establecer a contorna de referencia que facilite a acción coordinada entre as partes, coa finalidade de levar a cabo o Proxecto Ficar, un proxecto piloto de emprendemento e coliving, co fin de fixar poboación do rural galego, mediante un programa de actividades.

19.7.2024

123.800,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun Plan formativo para o sector comercial.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e a cámara para a realización dun Plan formativo para o comercio retallista.

30.5.2024

74.916,75

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (IFECO) para o financiamento de investimentos de mellora das instalacións do recinto feiral de Expocoruña.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e a fundación para o financiamento de actuacións de mellora nas instalacións do recinto feiral de Expocoruña.

21.6.2024

176.264,84

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2024.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e a federación para a realización de accións de orientación, formación, dixitalización e información-promoción no comercio retallista.

25.6.2024

627.900,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Comerciantes Industriais da praza de Abastos nº 1 de Ourense para a realización dun Plan funcional do edificio da praza de abastos.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e a asociación para a realización dun Plan funcional do edificio da praza de Abastos nº 1 de Ourense.

3.7.2024

17.545,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa para o desenvolvemento dun Plan formativo para o sector comercial.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e a cámara para a realización dun Plan formativo para o comercio retallista.

10.7.2024

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e o concello para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista.

27.7.2024

50.000,00