DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52582

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Laxes-Tomadas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral da constitución da comunidade de usuarios de augas.

María del Rosario Costas Correa, veciña do lugar de Tomadas, parroquia de Chandebrito, concello Nigrán (Pontevedra), pola presente convoco á asemblea xeral todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar o 27 de outubro de 2024, ás 11.00 da mañá en primeira convocatoria e ás 11.30 en segunda convocatoria, no local social do Torreiro de Chandebrito, coa seguinte orde do día:

1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivienda e referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

3. Designación dos membros que integran a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Nigrán, 4 de setembro de 2024

María del Rosario Costas Correa
Representante da Comunidade de Augas