Prazas: (1) técnico/a coordinador/a de proxecto e (1) técnico/a superior de proxecto (referencias: FFPLUS-24-TCP1; FFPLUS-24-TSP1).
Proxecto que se vai desenvolver: Fortissimo Plus do programa Digital-EUROHPC-JU-2023-SME-01, financiado pola Unión Europea.
Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, para a execución do proxecto Fortissimo Plus, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.
As bases que rexerán estes procesos selectivos están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia dos procesos selectivos se farán públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024
Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
