Mediante a Resolución da Presidencia, do 20 de setembro de 2024, aprobouse a seguinte corrección de erros materiais nas bases e na convocatoria para a praza de técnico contable, que queda do seguinte xeito:
– Rectificar o erro material do anuncio das bases íntegras e da convocatoria no Diario Oficial de Galicia número 178, do 16.9.2024, no seguinte sentido:
Onde di:
«O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado».
Debe dicir:
«O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia».
O resto do anuncio mantense inalterado.
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se xulgue máis conveniente en dereito.
Cambados, 20 de setembro de 2024
David J. Castro Mougán
Presidente da Mancomunidade do Salnés
