DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52477

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024 pola que se convocan seis cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de diversos centros de traballo das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Cualtis, S.L.U., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos diversos centros de traballos indicados no anexo II.

Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Acceso ás actividades formativas

O acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) <https:// egap.xunta.gal> e unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.

4. Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo e incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, así como achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, así como achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.

Quinta. Criterios de selección

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. A asistencia

A asistencia:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días, contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación, que se realizará ao final dela.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e Cualtis, S.L.U.

1. A EGAP e Cualtis, S.L.U., poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Cualtis, S.L.U., resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Cualtis, S.L.U., garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Localidade e edición

Datas do curso

CV24079

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: Persoal coidador-Enfermaría-Fisioterapeuta-Terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Redondela 1

Primeira edición: 25 de novembro de 2024

Horario: 8.30 a 11.30

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24079

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: Persoal coidador-Enfermaría-Fisioterapeuta-Terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Redondela 2

Segunda edición: 25 de novembro de 2024

Horario: 12.00 a 15.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24079

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: Persoal coidador-Enfermaría-Fisioterapeuta-Terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Redondela 3

Terceira edición: 27 de novembro de 2024

Horario: 8.30 a 11.30

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24079

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: Persoal coidador-Enfermaría-Fisioterapeuta-Terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Redondela 4

Cuarta edición: 27 de novembro de 2024

Horario: 12.00 a 15.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24079

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: Persoal coidador-Enfermaría-Fisioterapeuta-Terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Redondela 5

Quinta edición: 29 de novembro de 2024

Horario: 8.30 a 11.30

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24079

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Curso obrigatorio segundo o establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais para o persoal de atención directa do CAPD de Redondela: Persoal coidador-Enfermaría-Fisioterapeuta-Terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Redondela 6

Sexta edición: 29 de novembro de 2024

Horario: 12.00 a 15.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24080

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense

12

25

Presencial

Ourense 1

Primeira edición: 22 e 23 de outubro de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Aula de formación do Pazo de Xustiza (3º andar), praza Concepción Arenal, nº 1, 32003 Ourense.

CV24080

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense

12

25

Presencial

Ourense 2

Segunda edición: 24 e 25 de outubro de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Aula de formación do Pazo de Xustiza (3º andar), praza Concepción Arenal, nº 1, 32003 Ourense.

CV24080

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense

12

25

Presencial

Ourense 3

Terceira edición: 25 e 26 de novembro de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Aula de formación do Pazo de Xustiza (3º andar), praza Concepción Arenal, nº 1, 32003 Ourense.

CV24080

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense

12

25

Presencial

Ourense 4

Cuarta edición: 27 e 28 de novembro de 2024 Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Aula de formación do Pazo de Xustiza (3º andar), praza Concepción Arenal, nº 1, 32003 Ourense.

CV24081

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa das seguintes residencias de maiores: Residencia de Maiores de Pontevedra-Residencia de Maiores de Marín-Residencia de Maiores da Estrada

8

25

Presencial

Pontevedra 1

Primeira edición: 1 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Aula 3, Edificio Administrativo de Pontevedra , avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º, 36071 Pontevedra.

CV24081

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa das seguintes residencias de maiores: Residencia de Maiores de Pontevedra-Residencia de Maiores de Marín-Residencia de Maiores da Estrada

8

25

Presencial

Pontevedra 2

Segunda edición: 4 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Aula 3, Edificio Administrativo de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno,

nº 43, 9º, 36071 Pontevedra

CV24081

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa das seguintes residencias de maiores: Residencia de Maiores de Pontevedra-Residencia de Maiores de Marín-Residencia de Maiores da Estrada

8

25

Presencial

Pontevedra 3

Terceira edición: 9 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Aula 3, Edificio Administrativo de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno,

nº 43, 9º, 36071 Pontevedra

CV24081

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa das seguintes residencias de maiores: Residencia de Maiores de Pontevedra-Residencia de Maiores de Marín-Residencia de Maiores da Estrada

8

25

Presencial

Pontevedra 4

Cuarta edición: 11 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Aula 3, Edificio Administrativo de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno,

nº 43, 9º, 36071 Pontevedra

CV24081

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa das seguintes residencias de maiores: Residencia de Maiores de Pontevedra-Residencia de Maiores de Marín-Residencia de Maiores da Estrada

8

25

Presencial

Pontevedra 5

Quinta edición: 16 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Aula 3, Edificio Administrativo de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno,

nº 43, 9º, 36071 Pontevedra

CV24081

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa das seguintes residencias de maiores: Residencia de Maiores de Pontevedra-Residencia de Maiores de Marín-Residencia de Maiores da Estrada

8

25

Presencial

Pontevedra 6

Sexta edición: 18 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Aula 3, Edificio Administrativo de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno,

nº 43, 9º, 36071 Pontevedra

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 1

Primeira edición: 25 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 2

Segunda edición: 29 de outubro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 3

Terceira edición: 5 de novembro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 4

Cuarta edición: 8 de novembro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 5

Quinta edición: 12 de novembro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 6

Sexta edición: 15 de novembro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Presencial

Redondela 7

Sétima edición: 19 de novembro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24082

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CAPD de Redondela.

8

20

Redondela

Redondela 8

Oitava edición: 22 de novembro de 2024

Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: CAPD de Redondela

CV24083

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo: Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo-Laboratorio de Saúde Pública-Oficinas de emprego da cidade de Lugo-Edificio Administrativo de Lugo

12

25

Presencial

Lugo 1

Primeira edición: 14 e 15 de outubro de 2024 Horario: 8.00 a 16.00

Lugar de realización: Salón de actos do Departamento Territorial de Sanidade, rúa María Balteira, nº 1, 27071 Lugo

CV24083

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo: Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo-Laboratorio de Saúde Pública-Oficinas de emprego da cidade de Lugo-Edificio Administrativo de Lugo

12

25

Presencial

Lugo 2

Segunda edición: 16 e 17 de outubro de 2024 Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Salón de actos do Departamento Territorial de Sanidade, rúa María Balteira, nº 1, 27071 Lugo

CV24083

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo: Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo-Laboratorio de Saúde Pública-Oficinas de emprego da cidade de Lugo-Edificio Administrativo de Lugo

12

25

Presencial

Lugo 3

Terceira edición: 21 e 22 de outubro de 2024 Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Salón de actos do Departamento Territorial de Sanidade, rúa María Balteira, nº 1, 27071 Lugo

CV24084

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. Reciclaxe

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense

6

25

Presencial

Ourense 1

Primeira edición: 19 de novembro de 2024 Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Aula de formación do Pazo de Xustiza (3º andar), praza Concepción Arenal, nº 1, 32003 Ourense.

CV24084

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. Reciclaxe

Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense

6

25

Presencial

Ourense 2

Segunda edición: 20 de novembro de 2024 Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: Aula de formación do Pazo de Xustiza (3º andar) praza Concepción Arenal, nº 1, 32003 Ourense.