I. Mediante a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 20 de maio de 2013, publicada no DOG núm. 114, do 17 de xuño de 2013, faise pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, xestionadas por Retegal, aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013.
A citada resolución do Consello da Xunta de Galicia, no punto dous da parte dispositiva, declara «a utilidade pública e interese social para efectos expropiatorios o Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, xestionadas para Retegal».
De conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.
II. Actúa como Administración expropiante a Consellería de Facenda e Administración Pública e Retegal como beneficiario da expropiación pola Resolución do 12 de xaneiro de 2024, da Consellería de Facenda e Administración Pública, coas consecuencias legais derivadas destas posicións xurídicas.
III. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 7/2015, do 30 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
IV. Tratándose dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase, polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co disposto no artigo 118 e concordantes da Lei do solo de Galicia.
V. Ao tramitarse unha expropiación forzosa sobre terreos pertencentes a montes veciñais en man común, a Consellería do Medio Rural, con data do 7 de xuño de 2024, procedeu a informar favorablemente a declaración de prevalencia da utilidade pública en terreos da comunidade de montes veciñais en man común de Donas. Con base nesta declaración decidiuse modificar a superficie obxecto de expropiación, reducindo a superficie afectada.
VI. Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento aos propietarios afectados e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2015, artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e os artigos 291 a 293 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
De conformidade co anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, a execución e a implantación do Centro de Telecomunicación de Nigrán, situado no Coto de Acevedo, Santa Baia de Donas, no concello de Gondomar (Pontevedra) incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, xestionadas por Retegal, S.A.
Segundo. De conformidade co previsto no artigo 118 e concordantes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de 1 mes o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a adquisición dos terreos necesarios para a regularización, a execución e a implantación do Centro de Telecomunicación de Nigrán, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, xestionadas por Retegal, S.A. para que quen poida resultar interesado formule as observacións e as reclamacións que considere convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior difusión na provincia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/expropiacions
Terceiro. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente aos que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular as alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.
Cuarto. Durante o prazo previsto no punto segundo, o expediente estará exposto á disposición dos interesados no Concello de Gondomar (Pontevedra) e na Subdirección Xeral de Patrimonio da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública en Santiago de Compostela (sita na rúa Pastoriza, 8, 2º). Durante este prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, mediante un escrito dirixido á Subdirección Xeral de Patrimonio da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio en Santiago de Compostela e presentado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021, DOG núm. 246, do 24 de decembro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
ANEXO
|
Predio |
Titular |
Referencia catastral |
Superficie total (m2) |
Superficie afectada |
Bens afectados |
Clasificación urbanística |
Aproveitamento |
Afección |
|
|
1 |
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Eulalia de Donas |
54021A110003200000RD |
108.561 |
1.254,50 |
1.254,50 |
M2 solo rústico monte |
Solo rústico |
Monte |
Expropiación |
|
1.254,50 |
M2 arboredo |
||||||||
|
2 |
Retegal |
54021A110003340000RB |
36 |
5,60 |
M2 solo rústico monte |
Solo rústico |
Monte |
Expropiación |
|
|
3 |
Concello de Gondomar |
54021A110003350000RY |
29 |
29 |
M2 solo rústico improdutivo |
Solo rústico |
Improdutivo |
Expropiación |
|
|
4 |
Retevisión I, SA |
54021A110003360000RG |
158 |
24,90 |
M2 solo rústico improdutivo |
Solo rústico |
Improdutivo |
Expropiación |
|
