DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2024 Páx. 52662

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Segundo a base I.2.8 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que

DISPOÑO:

Excluír do proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, polo motivo 44, as persoas que, como consecuencia da Resolución do 5 de setembro de 2024, foron nomeadas persoal funcionario de carreira (esta listaxe pódese consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal).

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal