As bases completas que regulan a convocatoria poden consultarse na páxina web do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal
De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de ACSUG http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024
José Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia
