DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2024 Páx. 52648

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 7 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 112, do 11 de xuño) pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En virtude da Resolución do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 112, do 11 de xuño) pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En vista da Resolución do 13 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se estima parcialmente o recurso potestativo de reposición contra a publicación desta resolución,

DISPOÑO:

Admitir no proceso selectivo para o ingreso na categoría 19 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, por non acadar a idade máxima de xubilación forzosa, a seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

***2439**

Ulloa Ballesteros, Irene del Valle

Libre

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal