DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2024 Páx. 52657

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 19 xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 25 de xuño) pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

En virtude da Resolución do 19 xuño de 2024 (DOG núm. 122, do 25 de xuño) pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

En vista das alegacións e os recursos presentados contra a publicación desta resolución,

DISPOÑO:

Admitir no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, por non acadar a idade máxima de xubilación forzosa, a seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

***2355**

Fernández Fernández, María Carmen

Libre

Admitir no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala técnica de facultativos, especialidade educador social, por non acadar a idade máxima de xubilación forzosa, a seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

***1993**

García Blanco, Josefa

Libre

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal