Expediente: IN407A 2024/198-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CT e RBT no Seixal.
Concello: Carballo.
1. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse nos lugares do Seixal e Campo de Guntián, parroquia de Sofán (San Salvador), no concello de Carballo.
– LMTS a 15 kV de 25 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº A3JLDHFB existente tipo Chapa 1000/15 da LMT CBL701B Bértoa-Laracha 1 (expediente 34.737) procedente da subestación Carballo e remate no CTC proxectado. O condutor discorrerá entubado e será necesaria a instalación dun punto de acceso á rede.
– CT no lugar O Seixal compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior en envolvente de formigón, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 1L+1P.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 5 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente IN407A 2024/198-1.
LMTS, CT e RBT no Seixal.
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Carballo.
|
Predio proxecto |
Persoas propietarias/titulares |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Centro de transformación |
Superficie (m2) |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
|||||
|
1 |
María Mercedes Seijo Marrozos Eduardo Vázquez Parafita |
15019A121000530000JG |
Lugar O Seixal, Calzada |
CT |
21,78 |
8,0 |
12,43 |
Labradío. |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
