DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2024 Páx. 52688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/135-1).

Expediente: IN407A 2024/135-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de celas no CT San Diego II-15CAE6.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 18 de abril de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade de subministración da clientela da zona.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: substitución de celas no CT San Diego II-15CAE6, asinado o 1 de marzo de 2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, con nº de colexiado 4.684 de Vigo (coitiVigo).

• Anexo 1 ao proxecto de substitución de celas no CT San Diego II-15CAE6, asinado o 13 de decembro de 2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co nº de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello da Coruña. A día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado á emisión do condicionado solicitado.

4. O 3 de setembro de 2024 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no peirao de San Diego, no concello da Coruña.

Renovación de equipamento no centro de transformación (CT) San Diego II (15CAE6), consistente en:

– Instalación de novo conxunto de 3 celas modulares de liña (1 telecontrolada) e 1 cela modular de protección, todas de tipo illamento SF6. Construirase unha bancada para albergar as celas.

– Instalación de novos cables ponte entre a cela de protección e o transformador.

– Instalación de cables RHZ1 3x×(1×240) mm2 Al para conexión das liñas de entrada e saída ao CT ata 2 das celas de liña instaladas.

– Instalación de cable RHZ1 3×(1×95) mm2 Al desde unha das novas celas de liña para alimentación da cela de tipo convencional existente que conecta mediante embarrado de Cu co centro de transformación particular San Diego II P. (15PAF5).

– Instalación de canaleta para os calóns de media tensión (MT) desde a entrada do CT ata as novas celas.

– Nova saída de BT para alimentación auxiliar da cela telecontrolada.

– Desmontarase o armario do equipo telexestor, función que irá incorporada na nova cela de protección.

– Conexión de elementos metálicos á PAT de ferraxes existente da instalación.

– Desmontaxe de celas convencionais en aparellaxe ao aire, desmontaranse elementos de protección e manobra, cableaxe, ferraxes, embarrado e illadores; exceptúase a cela de conexión co CT particular, que permanecerá no estado actual (incluíndo o seu embarrado) debido a que o embarrado ten continuidade ata a instalación particular.

Cuarto. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña