De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas das resolucións ditadas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representan.
Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen, debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, 68, 27071, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Lugo, 5 de setembro de 2024
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Núm. de expediente |
Persoa interesada |
Contido do acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
LU-0000065351 |
33708815S |
Resolución estimatoria |
1.2.2024 |
|
LU-0000058284 |
33823876F |
Resolución estimatoria |
5.1.2024 |
|
LU-0000064792 |
33829176V |
Resolución estimatoria |
5.1.2024 |
|
LU-0000065256 |
39432438L |
Resolución estimatoria |
8.5.2024 |
|
LU-0000066154 |
76608861R |
Resolución estimatoria |
7.3.2024 |
|
LU-0000066141 |
33829357Z |
Resolución estimatoria |
15.3.2024 |
|
LU-0000066222 |
33347295D |
Resolución estimatoria |
11.3.2024 |
|
LU-0000063585 |
08769376M |
Resolución estimatoria |
7.3.2024 |
