DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 5 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican os acordos ditados no procedemento BS210A LU 65701 e tres máis.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas dos acordos ditados, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representan.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen, debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, 68, 27071, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra este acto de trámite non procederá ningún recurso, sen prexuízo da posibilidade de interpor o recurso que proceda, se é o caso, contra a resolución que poña fin ao procedemento, de conformidade co disposto no artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lugo, 5 de setembro de 2024

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de

expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto

administrativo

LU-0000065701

76557818H

Acordo de desestimación

8.2.2024

LU-0000064759

73131609G

Acordo de desestimación

20.12.2023

LU-0000063741

76608645S

Acordo de desestimación

11.1.2024

LU-0000064792

33829176V

Acordo de desestimación

3.1.2024