DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, que figuran no cadro anexo.

A interesada poderá presentar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que consideren oportunas na xustificación de ditas alegacións.

Vigo, 19 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Caldas de Reis.

Predio

Referencia catastral

Titular

338

36005A01401805

Consuelo Gago Rodríguez