DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de convocatoria e bases reguladoras do proceso de selección para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión cultural e actividades, persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 173, do 9 de setembro de 2024, e na sede electrónica do Concello de Vedra (https://sede.vedra.es) publícanse integramente as bases reguladoras do proceso de selección para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión cultural e actividades, recollida na oferta de emprego público para o exercicio 2023 (DOG núm. 50, do 13 de marzo).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Vedra, 9 de setembro de 2024

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde