Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2024, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega
ANEXO
|
Convenio |
Achega do Consello da Cultura Galega |
Data da sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística. |
18.000,00 € |
16.5.2024 |
|
Extensión da aplicación do protocolo xeral de actuación entre o Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llul, o Etxepare Euskal Institutua e o Consello da Cultura Galega do 25 de maio de 2020. |
Sen achega económica |
24.5.2024 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega. |
Sen achega económica |
16.7.2024 |
