DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53088

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino en prácticas, as seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

En virtude do Acordo do 27 de xuño de 2024 (DOG núm. 130, do 5 de xullo) o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución de 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) acordou modificar a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo establecida polo Acordo do 4 de marzo de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo), modificada polo Acordo do 15 de abril de 2024 (DOG núm. 80, do 23 de abril), e facer pública a relación que inclúe seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do dito proceso.

Co obxecto de que esas seis persoas aspirantes que superaron a fase de oposición poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e co gallo de realizar un curso selectivo que, igualmente, deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obter o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira de acordo coa base III da convocatoria, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre e que, para dar cumprimento á base III da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario en prácticas do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino, ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destino, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destino en prácticas, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG, na cal se procederá ao seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, e establecerase, segundo dispón a base III da convocatoria, tanto a data de efectos do seu nomeamento como a data de inicio do período de prácticas.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

115

***3850**

Varela Ordóñez, Ana

116

***1993**

Dos Reis Varela, María del Pilar

117

***8360**

Sobrado Eiras, Ladislao

118

***6017**

Vázquez Diz, Alba

119

***3245**

Alonso Alonso, Adrián

120

***2716**

Prego Prado, Yago

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Observ.

86

PSC991000015001074

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

 

100

PSC991000015001092

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

 

105

PSC991000015001098

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

 

106

PSC991000015001075

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

 

107

PSC991000015001101

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

 

108

PSC991000015001121

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12