De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de que non o facer, se considerará efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS626F.
|
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15078000324R |
36112000E |
Requirimento de documentación |
22.7.2024 |
|
15030034623R |
49685195C |
Requirimento de documentación |
26.7.2024 |
|
15036001221R |
33354101F |
Requirimento de documentación |
31.7.2024 |
ANEXO II
Procedemento BS618D.
|
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15078004224E |
I20012576 |
Requirimento de documentación |
30.7.2024 |
