De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación da resolución do recurso de alzada ditada no procedemento no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer, para ter coñecemento do contido íntegro da referida resolución e do seu expediente, e advírteselle que, de non o facer, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
A persoa interesada poderá comparecer, persoal ou debidamente representada, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS626F.
|
Nº de expediente |
DNI/NIE/ID |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
|
15075001224R |
Y7986566Z |
Desestimación |
7.8.2024 |
