DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Noia (expediente IN407A 2022/87-1).

Expediente: IN407A 2022/87-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LMT TA2-801-apoio 9PKS8WIW//16.

Concello: Noia.

Feitos:

1. O día 22 de marzo de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Coa fin de pretender realizar obras de regulamentación na liña LMTA TA2801 (expediente IN407A 2016/2096-1), UFD empresa distribuidora de enerxía eléctrica, proxecta a substitución dos apoios nº 9PKS8WIW//16 e nº 9PL3XOCI//15 de formigón existente, por uns novos apoios de celosía metálica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: regulamentación LMT TA2801-apoio 9PKS8WIW//16, asinado con data 6 de agosto de 2021 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (CoitiVigo).

• Anexo asinado o 1 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un Acordo do 10 de abril de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 2 de maio de 2023, co número 83.

• BOP: 13 de abril de 2023, co número 70.

• Xornal La Voz de Galicia: 21 de abril de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: notificada a solicitude de certificación de exposición pública do acordo con data do 13 de abril de 2023 e reiterada o 13 de setembro de 2023 sen resposta polo dito organismo.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Noia. A día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, á emisión do condicionado solicitado.

5. O día 29 de agosto de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27.5.2024).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar Muíño, concello de Noia.

– Substitución do apoio de formigón 9 PKS8 WIW//16 en mal estado na liña TA2801 (expediente IN407A 2016/2096-1) instalándose un novo apoio metálico de celosía tipo C1000/14 en amarre, recolocándoo nunha parcela próxima. Debido ao desprazamento do apoio 9 PKS8 WIW//16, o apoio 9 PL3 XOCI//15 de formigón existente non cumpre as novas solicitudes mecánicas da liña polo que se substitúe por un novo apoio metálico de celosía tipo C-1000/14 instalándoo na mesma localización. Substitución do van existente, de 135 m, entre os apoios proxectados e o retensado dos vans anterior e posterior (411 m) da actuación existentes en LA-110.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato Shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT TA2-801-apoio 9PKS8WIW//16

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Noia

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT., CT e/ou apoios)

LMT aérea (servidume
de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecida/o

Polígono 10,

parcela 1275

Portela

Novo apoio 15 (½)

1

Prado ou pradaría

2

Descoñecida/o

Polígono 10,

parcela 1274

Portela

Novo apoio 15 (½)

1

Prado ou pradaría

3

Descoñecida/o

Polígono 10,

parcela 1290

Fontiña

Novo apoio 16

2

Matogueira