Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 30 de xaneiro de 2023) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Con data do 3 de setembro de 2024, o tribunal publica a relación definitiva parcial de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS funcionario do subgrupo C2.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no número 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da escala auxiliar e acreditaron o cumprimento dos requisitos establecidos na base 8 da convocatoria que, segundo a base 9.1, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 5 de decembro de 2022 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidde de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento
selectivo na escala auxiliar convocadas á elección de destino
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***4252** |
Pardal Campaña, María de los Ángeles |
|
2 |
***5203** |
Cao López, Carmen |
|
3 |
***5262** |
Subirol López, María Florinda |
|
4 |
***7393** |
Comesaña Pedreira, Xoán Antón |
|
5 |
***7120** |
López Vázquez, Rosa María |
|
6 |
***8941** |
Romero Antelo, Inés |
|
7 |
***5580** |
García España, Rosa María |
|
8 |
***2418** |
Rodríguez Seoane, María Lucía |
|
9 |
***6366** |
González Añón, José Carlos |
|
10 |
***9997** |
Sandá Morales, María Luisa |
|
11 |
***6920** |
Sánchez Suárez, Raquel |
|
12 |
***9402** |
Aboy García, María Adelina |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
|
PF000580 |
Posto base. Área de Promoción e Estratexia Científica |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000615 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Farmacia |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000636 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Veterinaria |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Lugo |
|
PF000704 |
Posto base. Servizo de Orzamentación e Planificación |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000705 |
Posto base. Subárea de Contabilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000708 |
Posto base. Subárea de Contabilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000576 |
Posto base. Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000660 |
Posto base. Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000550 |
Posto base. Centro de Formación de Persoal |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000633 |
Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000582 |
Posto base. Área de Xestión de Investigación |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
|
PF000562 |
Posto base. Servizo de Xestión de Persoal |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
