De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Alfredo Piñeiro Pérez a resolución de procedemento de desafiuzamento administrativo dos departamentos 7-C e 8-C do porto de Muros por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.
O expediente tramítase por atoparse extinguida a autorización de ocupación, non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes, e terse incumprido orde de desaloxo previa enviada desde a Zona Centro de Portos de Galicia.
O expediente iniciouse en aplicación do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, coa emisión dun requirimento previo ao desafiuzamento administrativo que foi publicado no Boletín Oficial del Estado número 186, do 2 de agosto de 2024.
Non se formularon alegacións nin se desaloxaron os departamentos de modo voluntario.
Os departamentos deberán de ser abandonados nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves dos inmobles ao persoal de Portos de Galicia no porto de Muros.
Dentro dese mesmo prazo de 10 días deberán retirarse dos locais todos os elementos que sexan da propiedade do ocupante, sen que por iso as instalacións experimenten quebranto ningún que, de ser o caso, sería reclamado polas canles legais oportunos.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo máximo de 10 días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse de autorizacións extinguidas, e ao abeiro do establecido no artigo 91 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, poderase proceder a suspender sen máis trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.
Ao abeiro do establecido no artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.
Contra o presente acto administrativo non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.
Tamén cabe a presentación de recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
O expediente completo para o seu exame se atopa na sede dos Servizos Centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa 5A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
