DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 2 de outubro de 2024 Páx. 53215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución do expediente REV/AG/CIM/2024/00024.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Cambio Climático

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

REV/AG/CIM/2024/00024

78791960D

Resolución do recurso extraordinario de revisión