En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación da LMTA VLL813 no tramo entre os apoios núm. 152 e núm. 156.
Situación: lugar de Cachamuíña, concello de Esgos.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución, na LMTA VLL813, dos apoios número 153 e 154, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-14/1000.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 7.8.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, das propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 10 de setembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2024/107-3.
Situación: lugar de Cachamuíña, concello de Esgos.
Denominación: regulamentación da LMTA VLL813 no tramo entre os apoios núm. 152 núm. 156.
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32032A004000550000JY.
Lugar: Chao da Lama.
Cultivo: prado.
Titular: María del Pilar Álvarez Fernández.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 153.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32032A004000740000JI.
Lugar: Pereiriñas.
Cultivo: monte baixo.
Titular: María Elvira Garrido Touza.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 154.
