En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77 28033 Madrid.
Denominación: seccionamento en dobre circuíto LMTA ALB803.
Situación: lugares de Fondo de Vila e O Tellado, concello do Carballiño.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución na LMTA ALB803 dos apoios números D37, D38 e AVCOL7PK, respectivamente, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-16/3000, C-16/2000 e C-20/7000. Substitución do condutor existente en dobre circuíto entre os apoios números D37 e AVCOL7PK, por 251 m de novo condutor LA-110 en simple circuíto.
• Substitución na LMTA ALB803 dos apoios números D91 e D92, respectivamente, por novos apoios de celosía metálica, do tipo C-18/2000 e C-16/7000. Substitución do condutor existente en dobre circuíto entre o apoio núm. D90 e o apoio proxectado núm. D92, por 146 m de novo condutor LA-110 en dobre circuíto.
• Instalación de dous interruptores- seccionadores telecontrolados de 5 posicións nos apoios da LMTA ALB803 números AVC0L7PK e D91.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 24.7.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, da propietaria do predio que figura na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 10 de setembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2024/101-3.
Situación: lugares de Fondo de Vila e O Tellado, concello do Carballiño.
Denominación: seccionamento en dobre circuíto LMTA ALB803.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32020A055000860000RI.
Lugar: Lameiro Grande.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Gloria.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D92.
