Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 26 de agosto de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT GRN716-apoio ADNW1JUH//D1-1, no concello da Coruña (expediente IN407A 2022/169-1).
O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 17 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal da Coruña
Regulamentación LMT GRN-716-apoio ADNW1JUH//D1-1
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso da enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Erminda Pardo Fernández |
15900A012000070000YF Polígono 12, parcela 7 |
Agra das Rañas de Arriba |
Novo apoio nº D1-1 |
2 |
Rústico |
||
