Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003, Lugo.
Denominación: LAT 20 kV subterránea e CS Limpiadoiro.
Situación: concello de Vilalba.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Muras 2 en triplo circuíto, coa orixe no PAS instalado no apoio existente A59683 da LAT 20 kV Muras 2 e final no CS Limpiadoiro proxectado, cunha lonxitude de 80 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Centro de seccionamento prefabricado Limpiadoiro no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de alimentación de servizos auxiliares.
• Desmontaxe do seccionador con matrícula S11585 situado no apoio A59683 da LAT 20 kV Muras 2.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 79.250,73 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Vilalba.
• Separata para a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 24 de setembro de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
