DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 2 de outubro de 2024 Páx. 53246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do convenio urbanístico de execución do planeamento para o alleamento de aproveitamentos urbanísticos derivados da cesión establecida no artigo 29.d) da Lei do solo de Galicia (LSG) (10 % libre de cargas) no SUD-19 Os Regos.

Mediante o Decreto número 2024004221, do 8 de agosto de 2024, acordouse:

«Primeiro. Ratificar o contido do convenio urbanístico de monetización do aproveitamento correspondente á cesión obrigatoria do artigo 29.d) da LSG no SUD-19 Os Regos.

Segundo. Notificar a Pablo Gómez Polín, actuando na súa condición de presidente da Xunta de Compensación do SUD-19 Os Regos (CIF V09766353), e a Félix Leivas Díaz, na súa condición de administradores mancomunados, en representación da sociedade limitada Inversiones Sarrianas, S.L., a ratificación do contido do convenio urbanístico, e requirilos para que no prazo de dez (10) días hábiles manifesten a súa disposición para realizar a sinatura electrónica do convenio obxecto da presente resolución. En caso contrario, haberá de concertarse unha data para a sinatura do convenio de xeito presencial ante a persoa que ocupe a Secretaría do Concello.

Terceiro. En canto á publicidade do convenio, han de realizarse os seguintes trámites:

• O texto íntegro do convenio, xunto co seu acordo de aprobación, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

• Remisión de copia do convenio á Secretaría Xeral, para o seu arquivamento no Rexistro de Convenios.

(...)»

O texto íntegro do convenio pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.oleiros.org/documents/39407/55871/Certificado_SUD-10_definitivo5468672125839026016.pdf/18b1074d-c6d4-3a84-ccca-d9fabc27d1c4?t=1682415718627

Oleiros, 26 de setembro de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente