Con respecto á solicitude de concesión da Comunidade de Usuarios de Augas de Galpón do Castro, co anuncio que foi publicado no DOG nº 238, do 18 de decembro de 2023, tense modificado a solicitude mediante a incorporación de dúas captacións adicionais, denominadas Fonte Prado Vello 1 e 2, situadas na parcela de referencia catastral 15072A028017930000PF. As captacións consisten en senllos pozos de aros de formigón, e as augas reúnense nun mesmo colector 1 nas proximidades deles, para discorrer cara ao sur ao longo duns 800 m ata conectar co colector 2 que se alimenta das augas dos mananciais previamente solicitados.
O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.
O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal de internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, log de cita no teléfono 981 54 49 27.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
