En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Araceli Freire Cedeira.
DNI: ***6741**.
Expediente: DH.W15.100060.
Lugar: Vilarrodis.
Parroquia: Oseiro (San Tirso).
Concello: Arteixo (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Peche de parcelas:
Tipo 1: mediante bloques de formigón prefabricado rematado con postes e maia metálica.
Tipo 2: postes de formigón e maia metálica.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, 15008 A Coruña, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 6 de setembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Norte
