O 11 de novembro de 2022, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación resolve ampliar o recoñecemento da declaración da condición mineral natural, das augas procedentes da captación Aguasana 1 para as augas procedentes da captación denominada Aguasana 5 (AS5), no termo municipal de Baiona, na provincia de Pontevedra.
Actualmente este departamento territorial está tramitando a solicitude da sociedade Agua Sana, S.L., con NIF B366588133, de autorización do aproveitamento das augas procedentes da captación denominada Aguasana 5 (AS5).
De conformidade co disposto no artigo 41.2 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, e o artigo 3.1 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano,
ACORDO:
Someter a información pública a solicitude de autorización do aproveitamento das augas procedentes da captación denominada Aguasana 5 (AS5) declarada como mineral natural, coas seguintes características:
Nome: Aguasana 5.
Empresa promotora: Agua Sana, S.L.
Recurso: sección B) auga mineral natural.
Termo municipal: Baiona.
Situación: coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29: X: 561.007 e Y: 4.657.642.
Referencia catastral: A003A070000180000HL.
O que se fai público, para que os interesados e, en particular, os propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro poidan presentar as súas alegacións no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía e Industria: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir ao Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono 986 80 52 19.
Pontevedra, 5 de setembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
