Expediente: IN407A 2024/8-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación LAMT SIG808 Lengüelle 8 entre os apoios ACDOMC70//86.
Concello: Tordoia.
1. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse na parroquia de Numide (Santiago), no concello de Tordoia.
– Substitución dos seguintes apoios da LMT SIG808 Lengüelle 8, procedente da subestación Sigüeiro: núm. ACGFF8P4//87 tipo HV-630/15 por tipo C-1.000/14 con cruceta tipo BR-1C-3xCS, que se vai instalar ao carón do existente, e núm. ACJMNUED//88 tipo HV-630/13 por tipo C-1.000-12 con cruceta tipo BR-1C-3xCS, que se vai instalar ao carón do existente. Regulado dos vans existentes da dita liña a 20 kV e condutor LA-110, entre os apoios núm. ACDOMC70//86 e núm. ACM3Q18X//89.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Regulamentación LAMT SIG808 Lengüelle 8 entre os apoios ACDOMC70//86
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Tordoia
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
2 |
Descoñecida/o |
15085A037009690000RK |
Navais |
87 |
2,0 |
Piñeiral madeirable |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
