De conformidade coas competencias previstas nas normas I.6.1 do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal, asinado o 13 de xuño de 2016, no seo da Comisión Central de Seguimento do devandito pacto, na reunión mantida o 27 de setembro de 2024, adoptouse o acordo que se recolle nesta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ACORDO:
Modificación da data de valoración de requisitos e méritos para a actualización das listas de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria do ano 2024:
De modo excepcional –con motivo da finalización no mes de setembro de 2024 do colectivo de residentes que, polo atraso xerado durante a pandemia do coronavirus SARS-CoV-2, iniciou no mesmo mes do ano 2020 a formación nas especialidades de catro anos–, na actualización de todas as listas de licenciados/as sanitarios/as de atención hospitalaria que se leve a cabo ao longo do ano 2025 teranse en conta todas as inscricións rexistradas ata o 31 de outubro de 2024 e valoraranse todos os méritos causados ata o 15 de outubro de 2024.
