De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por razóns non imputables á Administración.
Como non é posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao propietario da parcela que se indica a continuación, por razóns non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Ref. catastral |
Interesado/Persoa responsable |
|
Req. Xes. Biomasa (Exp. 3239/2018) |
32020A027001840000RI |
Descoñecido |
En virtude do anterior, infórmaselle que na referida parcela se incumpre o disposto no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, existe un prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa na citada parcela, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, «cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non poida efectuarse a notificación da comunicación prevista no número anterior, farase por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».
Infórmaselle que o texto íntegro do mencionado acto, así como o expediente no seu conxunto, se atopa ao dispor do interesado nas oficinas xerais do Concello do Carballiño sitas en praza Maior, 1, Carballiño-Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Faise constar que, en caso de incumprimento persistente, poderase proceder á execución subsidiaria con incidencia nos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
|
Ref. catastral |
Interesado/Persoa responsable |
Liquidación provisional |
|
32020A027001840000RI |
Descoñecido |
3.872,00 € |
Considerando que o artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, «nos supostos de execución subsidiaria, a persoa responsable está obrigada a facilitar os accesos necesarios aos suxeitos que acometan os traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas. En todo caso, a Administración e os seus axentes e colaboradores poderán acceder aos montes, terreos forestais e outros terreos incluídos nas faixas de xestión da biomasa para realizar os traballos necesarios de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o consentimento do seu titular, salvo naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución, caso en que deberá pedirse a correspondente autorización xudicial para a entrada neles se non se conta coa autorización do seu titular».
O Carballiño, 11 de setembro de 2024
Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde
