O Pleno do Concello de Cospeito, en sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
«[…]Terceiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle na rúa Curros Enríquez, redactado por Estudio Técnico Gallego, S.A., en que actuou como director dos traballos o arquitecto Isidro López Yáñez, colexiado 2.261 do COAG.
Cuarto. Facultar o alcalde para que realice cantas actuacións sexan necesarias para a eficacia e efectos do citado estudo de detalle.
Quinto. Ordenar aos servizos municipais que continúen coa tramitación do expediente para a súa eficacia e efectos, tendo en conta que a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do instrumento aprobado quedan condicionados, de conformidade co establecido nos artigos 82 e 88 da LSG, á publicación do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, á inscrición do instrumento no Rexistro de Ordenación do Territorio e Plan Urbanístico de Galicia, e á publicación do documento que contén a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia, así como, en virtude dos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ao transcurso de quince (15) días hábiles desde a publicación completa do texto no dito boletín.
Xunto coa publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.
Sexto. Practicar notificación persoal deste acordo a cantos resulten interesados no expediente.
Sétimo. Levantar a suspensión das licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle, convida no acordo de aprobación inicial.
Oitavo. Os instrumentos de planeamento son disposicións de carácter xeral, polo que a súa aprobación non é obxecto de recurso en vía administrativa.
De conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra este poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acto, que pon fin á vía administrativa, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito».
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na sede electrónica do Concello de Cospeito na seguinte ligazón: https://concellodecospeito.sedelectronica.es
Cospeito, 27 de setembro de 2024
Armando Castosa Alvariño
Alcalde
