DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 11 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2024/113-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CT, RBT Roma Piñor.

Situación: lugar de Piñor, concello de Barbadás.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución na LMTA SCV806 dos apoios números 75-5 e 75-8, por novos apoios de celosía metálica, do tipo C-14/1000. Eliminación dos apoios existentes 75-6 e 75-7 e instalación dun novo apoio de celosía metálica, do tipo C-16/2000 en que se coloca o TC con matrícula 32HNN4. Substitución do condutor actual por 282 m de novo condutor do tipo LA-110, entre os apoios proxectados núm. 75-5 e núm. 75-8.

• Desmontaxe do transformador CT Roma Piñor-32C741 e instalación dun novo CT, do tipo compacto de manobra exterior, 2L1P, de 250 kVAs e r/t 20.000/400 V.

• LMTS a 20 kV de 72 m de lonxitude en condutor RHZ1-3x(1x150), coa orixe no paso A/S para realizar no apoio existente número B8H6PWXO e final nos empalmes para realizar na LMTS SCV806 despois de realizar entrada/saída no CT proxectado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 9.8.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 11 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/113-3.

Situación: lugar de Piñor, concello de Barbadás.

Denominación: LMT, CT, RBT Roma Piñor.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32009A007001190000UM.

Lugar: Caño.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 75-5.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32009A007001300000UX.

Lugar: Caño.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Secundino Santos Alonso.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 75-6.

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32009A007003920001ID

Lugar: Lama.

Cultivo: prado.

Titular: Bispado de Ourense.

Afeccións: ocupación de 19 m2 para o apoio 75-8 e o CTC e 20 m2 de canalización soterrada.