En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación da LMTA ALB801 no tramo entre os apoios núm. 81-7 e núm. 81-13.
Situación: lugar de Muradás, concello de Beariz.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución na LMTA ALB801 dos apoios números 81-8, 81-9, 81-10, 81-11 e 81-12, respectivamente, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-14/1000, C-16/1000, C-16/1000, C-18/1000 e C-18/2000. Substitución do condutor entre o apoio existente núm. 81-7 e o apoio proxectado núm. 81-12 por 707 m de novo condutor LA-56.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 13.8.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 11 de setembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2024/114-3.
Situación: lugar de Muradás, concello de Beariz.
Denominación: regulamentación da LMTA ALB801 no tramo entre os apoios núm. 81-7 e núm. 81-13.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32012A024010050000UZ.
Lugar: Porteira.
Cultivo: monte baixo.
Titular: herdeiros de María Hermesinda Candedo Valiñas.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 81-9.
Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32012A011000710000UK.
Lugar: Pereiros.
Cultivo: monte baixo.
Titular: herdeiros de Julia Ogando Fornos.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 81-11.
