DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 25 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/237-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805.

Concello: Nigrán.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

1

54035A036000310000HT

Grolos

José Figueroa Rodríguez

3

54035A036000810000HZ

Dehesa

Carmen Hermida Hermida