Para os efectos previstos no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.U. (B36011773).
Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: subestación J.A.E.R. Bértola 220/66 kV.
Situación: parcela con referencia catastral 36058A004003540000LO, en Bértola, no municipio de Vilaboa (Pontevedra).
Obxecto: execución dunha subestación eléctrica transformadora 220/66 kV para establecer os niveis de tensión adecuados na transmisión e distribución de enerxía eléctrica na rede de distribución de 66 kV da empresa promotora.
Descricións técnicas da subestación transformadora 220/66 kV:
Sistema de 220 kV:
• Unha posición de transformador de potencia, intemperie.
• Unha posición de medida de tensión de barras, intemperie.
Transformador de potencia:
• Un transformador de 50/65 MVA, relación de transformación 220/66 kV.
Sistema de 66 kV:
• Unha posición de liña 66 kV, intemperie.
Conectarase á subestación Tomeza, de titularidade de Red Eléctrica de España, S.A.U.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Pontevedra, 30 de setembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
