Mediante decreto da Presidencia, do 13 de agosto de 2024, aprobouse a oferta ordinaria de emprego público do ano 2024.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 180, do 16 de setembro de 2024, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria:
• Unha praza de mestre/a composteiro/a, a xornada completa, do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso da oferta de emprego público do ano 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Cambados, 1 de outubro de 2024
David J. Castro Mougán
Presidente da Mancomunidade do Salnés
