Aprobado inicialmente, mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Oza-Cesuras (A Coruña), do 10 de maio de 2022, o Plan especial de reforma interior (PERI) AR 4-casa do concello de Oza-Cesuras, segundo documentación técnica para a aprobación inicial, asinada en setembro e novembro de 2021 polos arquitectos Ángel Luis Monteoliva Díez e Íñigo de Miranda Osset, co obxecto de desenvolver o solo urbano non consolidado do citado ámbito territorial AR 4-casa do concello que constitúe un só polígono.
No dito PERI prevese unha modificación do sistema de actuación recollido como preferente no Plan xeral de ordenación municipal de Oza dos Ríos, no sentido de cambiar o sistema de compensación polo de cooperación.
De conformidade co establecido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento técnico do referido PERI, xunto co expediente administrativo, a trámite de información pública por prazo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia e no taboleiro de edictos do concello. Así mesmo, notificarase individualmente a todos os titulares catastrais dos terreos afectados.
Durante o dito prazo, calquera interesado poderá consultalo na Área de Urbanismo do Concello, sede de Oza dos Ríos, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que considere oportunas.
O dito prazo de dous meses contará desde a publicación do anuncio no DOG.
Ao abeiro do disposto no artigo 47 da LSG e 86 do RLSG, queda suspendido o procedemento de outorgamento de licenzas por un prazo máximo de dous anos, contado desde a data da publicación deste acordo de aprobación inicial, en todo o ámbito territorial do mencionado PERI, constituído polas parcelas identificadas coas referencias catastrais seguintes:
6151509NH6865S0001UF.
6151510NH6865S0001SF.
6151511NH6865S0001ZF.
6151501NH6865S0001RF.
15064A006090260000DH.
En calquera caso esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do PERI.
Oza-Cesuras, 11 de setembro de 2024
José Pablo González Cacheiro
Alcalde
