DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53737

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de exposición pública do convenio e da addenda de execución urbanística para a regularización das vías, instalacións e servizos do polígono de Pocomaco (expediente 620/2024/6).

De conformidade co establecido no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométense a información ao público e presentación de alegacións durante o prazo dun mes:

– O convenio de execución urbanística para a regularización das vías, instalacións e servizos do polígono de Pocomaco, asinado polas partes o 23 de setembro de 2024.

– A addenda ao convenio, asinada polas partes o 23 de setembro de 2024.

O texto íntegro está dispoñible no taboleiro de edictos do Concello, na seguinte ligazón:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true#l4

Así mesmo, durante o período de información pública o expediente poderá ser consultado nas dependencias do Departamento de Xestión do Solo - Urbanismo, sitas na praza de Indalecio Prieto desta cidade, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Coruña, 30 de setembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda